castellano    galego    english   

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

a fauna da Illa

No ano 1977 soltáronse na illa dúas parellas de pomba torcaza. Actualmente a colonia desta ave supera os 200 exemplares e é, probablemente, unha das maiores de toda Galicia. Aniñan e crían na illa dende entón e dado o seu carácter sedentario o seu número seguirá crecendo.

Viven tamén na illa 6 parellas de pegas, 3 de corvos, entre 6/8 de merlo común, un bo número de pardais e, tamén xílgaros, pardais, pimpíns, paporrubios, ferreiriños e outros. A maioría naceron xa na illa. Toda esta rica e diversa fauna alada ten na illa o seu hábitat ideal, xa que gozan da máxima tranquilidade e contan, para o seu sustento, con abundancia de insectos, larvas, lombrigas, sementes, bagas etc., ademais de auga doce, con varios bebedoiros e un pequeno estanque, que se construíron para eles.

Merece especial mención a enorme colonia de estorniños, con bandadas de centos de exemplares, que dende hai máis de 15 anos e durante os meses de outono/inverno (son migratorios), teñen o seu dormitorio nas árbores da illa, que abandonan ao amañecer, en busca de comida, e regresan co crepúsculo.

Existe na illa, dende hai anos e de forma permanente, unha pequena colonia de esquíos.

Descoñécese como chegou á illa este fermoso e simpático roedor, aínda que se supón que proceden do antigo terreo de Mirambell, situada ao outro lado da ponte, polo que se lles viu cruzar nunha ou outra dirección.

O seu número rara vez excede de tres parellas, a pesar de que crían na illa, debido probablemente a que autorregulan a súa poboación en función da extensión do territorio, e da comida que dispoñen neste.

Aliméntanse, maioritariamente, das abundantes piñas que lles proporcionan os piñeiros.