castellano    galego    english   

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

a flora da Illa

A principios do pasado século a vexetación da illa estaba constituída, en case a súa totalidade, por toxo e matogueira ao igual que se pode ver hoxe en día nas illas Ronseis, dúas pequenas illas situadas á entrada da baía de Baiona. A illa nas súas orixes era un pequeno illote rochoso cunha pequena praia orientada ao sur-leste e practicamente sen vexetación como pode comprobarse nunha fotografía relativamente recente tomada en 1970, coa ponte que a une a terra firme xa construído e con árbores plantadas na segunda decena do século pasado por don Martín Echegaray.

As primeiras árbores foron plantadas por don Martín Echegaray Olañeta despois de lle comprar a illa a don Enrique Lameiro Sarachaga no ano 1910. Daquela plantación consérvanse aínda algúns exemplares, xa case centenarios.

Debido á falta de atención e mantemento, practicamente en estado de abandono, a que estivo sometida a illa durante máis de 35 anos, concretamente dende 1939 ata 1975 e tamén, como consecuencia dos temporais do inverno, unha gran parte de aquel arboredo perdeuse.

Foi a partir da urbanización da illa, en 1975, cando as comunidades de propietarios decidiron destinar unha partida nos seus presupostos anuais para a recuperación das zonas verdes e o repoboación destas con novo arboredo.

Actualmente a illa conta con magníficos exemplares de piñeiros (silvestre e piñoneiro), eucaliptos, Cupresus, araucarias, Metrosideros excelsa, lagunarias, loureiros, castaños, cerdeiras, chopos, olmos, oliveiras, cedros, abetos e tamén, con variedades arbustivas como tamarindos, Melaleuca, envonimos, ligustros, mirtos, pitósporos e un longo etc.

Nos meses do outono nacen en moi pequena cantidade gran variedade de cogomelos comestibles, como o tricoma ecuestre, o Boletus edulis ou revellón, o níscaro ou Lactarius deliciosus e sangifluus, varias clases de champiñóns, etc.
Hai, tamén cogomelos velenosos, como a amanita, nas súas variedades de muscaria e phalloides.