castellano    galego    english   

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

o medio ambiente

 

 

Instalación da nova depuradora na zona da Torre de Toralla.

 

DEPURACIÓN DE AUGAS

A raíz da imperiosa necesidade de depuración de todas as augas residuais que se verten na Ría de Vigo co enorme perigo, caso de non o facer, da desaparición lenta pero progresiva da pesca e marisqueo do que viven miles de traballadores e traballadoras, Toralla, S. A. renovou as súas instalacións de depuración de augas residuais domésticas, no seu día, pioneiras na ría de Vigo, pero hoxe en día obsoletas por non poder cumprir os parámetros legais requiridos por Augas de Galicia e de acordo coa normativa europea de verteduras.

O actual sistema de depuración consta de de dúas estacións novas de depuración, unha modelo FACET STP.50 para a comunidade Torre de Toralla e outra FACET STP.25 para a comunidade do Castro de Toralla e que dá tamén servizo á estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo e cun custo total para ambas as dúas instaladas, de 394.000 €.

O funcionamento consiste nun proceso biolóxico aeróbico, de aireación prolongada con decantación e recirculación de lodos activos, seguido dun proceso terciario de desinfección por ozonización que permite a posterior reutilización do efluente depurado, mesmo con almacenamento para o rego dos xardíns da illa.

As etapas do proceso de depuración son as seguintes:

  • Condución das augas residuais domésticas a pozo de recollida destas, logo de paso de sistema primario de desbaste-desareador.

  • Bombeo das augas fecais dende o pozo de recollida á planta depuradora.

  • Pretratamento onde se trituran os sólidos sen separalos do efluente.

  • Oxidación total na cámara de dixestión mediante aireación prolongada.

  • Sedimentación dos lodos biolóxicos na cámara de decantación en medio anóxico e recirculación destes.

  • Desinfección por ozonización mediante a recirculación permanente, na cámara de descarga, de parte da auga de saída da planta depuradora.

  • Descarga por gravidade ou bombeo a punto de vertedura, ou tanque de almacenamento para a súa posterior utilización como rega de superficies axardinadas, baldeo de vías etc.