castellano    galego    english   

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

salvamento marítimo

SASEMAR.

ESTACIÓN DE SALVAMENTO MARÍTIMO ILLA DE TORALLA

O Servizo Público de Salvamento Marítimo é xestionado pola Sociedade Estatal de Salvamento e Seguridade Marítima, organismo dependente do Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral da Mariña Mercante. O obxecto social da sociedade, é, ademais do salvamento de vidas humanas no mar, o seguimento do tráfico marítimo e a loita contra a contaminación marítima

En decembro de 1997 asinouse un convenio de colaboración coa Comunidade de Propietarios do edificio Torre de Toralla, mediante o cal se reservaban os espazos necesarios na azotea da torre para a instalación dos equipos axeitados para a detección electrónica e comunicacións, fundamentais para o funcionamento do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Vigo, situado no peirao de transatlánticos e á fronte do cal, como xefe do centro, está don José María Suárez-Llanos Galán.

Labores do Servizo de Salvamento Marítimo:

  • Xestión de urxencias.
  • Seguimento do tráfico marítimo.
  • Loita contra a contaminación marítima.
  • Asistencia ao navegante.

Para iso contan na Torre de Toralla con:

  • 2 antenas de radar, en banda S e banda X, con alcance efectivo de 25 millas.
  • 4 equipos radio VHF banda mariña.
  • 1 equipo radio VHF banda aérea.
  • 1 estación meteorolóxica.
  • 1 radiogoniómetro (equipo detección radio electrónica direccional).
  • Radio enlaces dobres.
  • Grupo electróxeno.

Toda a información recollida con estes equipos se retransmite vía radio enlace á terraza do Hotel Bahía que, pola súa vez, con outro radio enlace, se retransmite ata o Centro de Coordinación.

A estupenda atalaia que ofrece o edificio Torre de Toralla situado nun punto estratéxico dentro da Ría de Vigo e cunha altura de aproximadamente 70 metros, permite unha magnífica comunicación vía radio cos barcos para unha xestión de urxencias eficaz, o mesmo que en situacións de seguimento do tráfico con radares e comunicacións.

Grazas a iso, e á súa axeitada situación na illa de Toralla, pódenselles difundir as mensaxes necesarias aos navegantes en seguridade e asistencia.

Tamén grazas aos radares, o tráfico de entrada e saída, así como as súas aproximacións, evitaron máis dun desastre marítimo.

Para máis información pódese enlazar coa páxina web www.salvamentomaritimo.es

| Visión do esquema de radio enlace ata o Centro de Coordinación.