castellano    galego    english   

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

universidade de vigo ECIMAT

Despois de varios anos tratando Vigo de encontrar terreos ao bordo do mar, nunha zona de augas limpas e aptas para a instalación dunha Estación de Ciencias Mariñas e de fracasar en todos os seus intentos, a oferta de Toralla, S.A. para instalarse na illa, foi inmediatamente aceptada por esta e en xuño de 2003 asina un convenio con Toralla, S.A. e desígnase ao entón vicereitor de Investigación, D.Salustiano Mato de la Iglesia, a consecución e xestión do importante proxecto da Estación de Ciencias Mariñas que deseña o arquitecto vigués D. Xosé Carlos Rodríguez Otero e determínanse xa as tres fases que se poñerán en funcionamento tan pronto como a Dirección Xeral de Costas lle conceda a concesión á Universidade de Vigo dos 24.400 m2 de superficie para o desenvolvemento do seu ambicioso proxecto.

Fase 1.- Realización do primeiro tramo de dique de 250 metros que protexerá o primeiro edificio e que sufragará totalmente (360.000 euros) Toralla, S.A.

Fase 2.- Construción da Estación de Ciencias Mariñas, módulo 1, embarcadoiro (peirao e pantalán) espazo auxiliar, rexeneración e devolución ao mar de 24.880 m2 de bordo litoral (antigo recheo) e finalmente segundo tramo de dique.

Fase 3.- Estación de Ciencias Mariñas, módulo 2, que se unirá mediante unha pasarela cuberta co actual módulo 1. Esta fase 3 está pendente de realizarse unha vez xa concluídas as fases 1 e 2.

As características e obxectivos que Vigo desexaba conseguir, figuran no Proxecto básico do Campus Mariño, illa de Toralla presentado ao Ministerio de Medio Ambiente para obter as concesións e se enuncian a continuación extraídos literalmente do dito proxecto:

(...)La solución del problema histórico de los investigadores de los campus de Vigo requiere una línea de actuación tendente a alcanzar las siguiente finalidades que el presente proyecto trata de materializar:      

  • Dispoñibilidade de atraque para embarcacións de tipo medio (ata 25 m), para que poidan embarcar e desembarcar os equipos de abordo e as mostras así como unha rampla para poder botar as lanchas pneumáticas das que dispón o noso parque móbil.
  • Almacenamento dos materiais que se utilizan nos barcos, con acceso directo ao mar, sistema de grúa para carga e descarga dos equipos e o seu manexo, sobre todo para equipos pesados e voluminosos, e sistema de lavado e limpeza a presión con auga doce(...)

(...) Para alcanzar as expresadas finalidades, resulta absolutamente imprescindible que todas as instalacións da estación se encontren situadas non só na costa, senón a propio pé de mar; concretamente na illa de Toralla; e dentro desta, precisamente na zona de dominio público marítimo-terrestre, como único espazo dispoñible viable para situar a estación (...) e co obxecto de que os investigadores poidan proceder ao inmediato tratamento das mostras mariñas, para o seu estudo e conservación, nun lugar onde se limpe, poña a punto e almacene o instrumental chegado do mar (grúas, dragas, equipos de inmersión, correntímetros, sondas etc.) e que sexa o punto de saída e chegada das embarcacións.


(...) Esta localización na illa de Toralla evita os inconvenientes da contaminación acústica e ambiental propias do cinto costeiro dunha ría densamente poboada. Desta forma, as vantaxes de investigar nunha zona próxima da plataforma continental únense coas de facelo nun ámbito afastado da circulación rodada, a afluencia masiva e demais actividades propias do cinto costeiro. En suma, o espazo insular resulta idóneo para satisfacer a necesidade que teñen estas instalacións de situarse nun lugar próximo á costa, pero non afectado por vibracións e ruídos (lonxe da alta actividade urbana), no que os experimentos ─sobre todo cultivos de crustáceos e moluscos─ non se vexan afectados por situacións que modifiquen e condicións os resultados da investigación (...)


ecimat  ecimat  ecimat  ecimat  ecimat

A Estación de Ciencias Mariñas (ECIMAT) é un centro de investigación mariña pertencente á Universidade de Vigo inaugurado en xuño de 2006 e dirixido dende entón por D. Ricardo Beiras García-Sabell, investigador de ecoloxía mariña e profesor titular da Universidade de Vigo.
Presenta un edificio central onde se encontran os equipamentos xerais do centro, sala de tratamento e bombeo de auga mariña, laboratorios con equipo de apoio á investigación, pañol de mergullo. E cinco pequenos edificios modulares con laboratorios húmidos que albergan a nove grupos de investigación pertencentes á Universidade de Vigo.

ecimat ecimat ecimat ecimat

O módulo 1 é un edificio de .350 m2 con dúas plantas, na superior instaláronse laboratorios convencionais e servizos comúns, mentres na planta baixa se instalan os laboratorios húmidos, piscinas para cultivo, cámaras de frío así como espazos para as embarcacións, materiais e equipos necesarios para as actividades investigadoras.

A ECIMAT dispón na parte leste da illa, dun peirao reformado e ampliado para poder subir e baixar as pequenas embarcacións de que dispón, así como dun peirao de atraque cun calado mínimo en baixamar escorada dun metro e medio.

Con motivo da Semana da Ciencia do 12 ao 16 de novembro de 2007, a ECIMAT organizou unha xornada de portas abertas ao público en xeral co obxecto de dar a coñecer a estación e en particular a riqueza dos ecosistemas costeiros da illa de Toralla así como incentivar a curiosidade científica e o respecto polo medio natural ao mesmo tempo que transmitir a necesidade dunha explotación sostible dos recursos marisqueiros e pesqueiros da Ría de Vigo e o respecto polos hábitats indispensables para a supervivencia destes recursos e as normativas orientadas a esta protección. Tratouse co aniversario da Semana de la Ciencia de divulgar entre todos os sectores sociais da bisbarra a investigación mariña que realiza a Universidade de Vigo.

En novembro de 2008 e con motivo da Semana da Ciencia 2008, invitáronse 250 alumnas e alumnos de seis escolas de Vigo e bisbarras a coñecer as actividades da ECIMAT, incluídas visitas ao intermareal.
Nestas visitas ao intermareal as alumnas e alumnos puideron coñecer as adaptacións características deste medio tan hostil, que posúen os seus habitantes e ao mesmo tempo recolleron algas de “arribazón” e cunchas para traballar despois no “obradoiro mariño”.

En novembro de 2009, 260 alumnas e alumnos de diferentes escolas participaron nunha visita á ECIMAT que desenvolveu para eles o seguinte programa:

  • Visitas ao litoral rochoso e areoso de Toralla.
  • Obradoiro mariño.
  • Exposición de pósters didácticos.
  • Exposición de animaies mariños e algas vivas.
  • Audiovisual “Percebes na fronteira do mar”.
Do 11 de Outubre o 3 de Novembro de 2011, a ECIMAT anuncia nos colexios a posibilidade de visitar de 10 a 14 horas as súas instalacions na isla, con un programa similar o do ano 2009 e visitando con marea baixa os roquedales e praias da isla cos organismos e animais mariños no seu habitat natural, e acompañados sempre polos profesores do colexio e catro monitores da ECIMAT. Asistieron a esta visita cerca de 500 alumnos pertencentes a 10 colexios daa comarca de Vigo.

A ECIMAT autoriza tódolos anos a Cofradía de mariscadores de Vigo para realizar no seu pantalán de atraque, os muestreos dos pescadores para que se respeten os cupos diarios, o mesmo tempo que a Xunta de Galicia pode controlar a explotación do marisqueo.

ecimat  ecimat  ecimat  ecimat  ecimat
A ECIMAT está aberta a visitas técnicas de distintos organismos da propia universidade, doutros centros e mesmo doutros países que veñen coñecer as instalacións, modélicas na súa construción e no ámbito de calma, tranquilidade e ausencia de ruídos en que traballan os seus investigadores.

Para coñecer todos os detalles e número de investigadores, en rotación constante e actividades realizadas na ECIMAT pódese enlazar coa páxina web: www.ecimat.org